¡No te pierdas nada!
Únete a la comunidad de wijobs y recibe por email las mejores ofertas de empleo
Nunca compartiremos tu email con nadie y no te vamos a enviar spam
Suscríbete AhoraTransporte y Logística
25Industria Manufacturera
16Informática e IT
7Adminstración y Secretariado
6Comercial y Ventas
5Ver más categorías
Comercio y Venta al Detalle
5Ingeniería y Mecánica
5Educación y Formación
4Instalación y Mantenimiento
4Alimentación
2Construcción
2Marketing y Negocio
2Seguridad
2Arte, Moda y Diseño
1Artes y Oficios
1Banca
1Contabilidad y Finanzas
1Derecho y Legal
1Desarrollo de Software
1Diseño y Usabilidad
1Farmacéutica
1Agricultura
0Atención al cliente
0Ciencia e Investigación
0Cuidados y Servicios Personales
0Deporte y Entrenamiento
0Editorial y Medios
0Energía y Minería
0Hostelería
0Inmobiliaria
0Producto
0Publicidad y Comunicación
0Recursos Humanos
0Sanidad y Salud
0Seguros
0Social y Voluntariado
0Telecomunicaciones
0Turismo y Entretenimiento
0Top Zonas
Toledo
26Dinahosting
Programador/A Sistemas Linux (Posibilidad Teletrabajo 100%)
Dinahosting · Toledo, ES
Teletrabajo PHP MySQL Scrum Linux Cloud Coumputing
Buscamos a unha persoa á que lle guste traballar en equipo, con altas doses de motivación e adaptación ao cambio.
Non nos fixaremos tanto na túa titulación ou experiencia, senón nas túas ganas de querer aprender.
Que buscamos?Programadores ou programadoras para a nosa infraestrutura de backend e de comunicacións con coñecementos da linguaxe PHP e bases de datos MySQL, polo que se traballaches nalgunha ocasión con eles, encaixarás con facilidade.Valoraranse coñecementos de linux e o uso da consola de comandos.
En dinahosting traballarás:
- Investigando, propoñendo e deseñando solucións en equipo.
- Desenvolvendo tarefas de programación nas linguaxes coas que traballamos e documentando o teu traballo.
- Planificando e executando as probas necesarias para asegurar o correcto funcionamento do programa.
- Facendo despregues e postas en produción das ferramentas que desenvolviches e resolvendo as incidencias que poidan xurdir. E por suposto, encantaríanos que nos deses sempre a túa opinión e ideas de mellora sobre os proxectos do departamento. Como o farás?A nosa estrutura é horizontal e existe a figura do responsable de área ou Team lead, que supervisa o traballo de equipo e está para baixar ás trincheiras cando fai falla.Organizamos o traballo do equipo baixo a metodoloxía Scrum. Os sprints teñen unha duración semanal e facemos reunións para o seu seguimento, evitar puntos de bloqueo e aportar solucións o máis rapidamente posible. Non partirás de cero en todo isto. Temos documentados os procesos de traballo e facemos talleres de formación constantes entre os equipos. Cando traballarás?Terás unha xornada flexible de entrada e saída entre as 7 e 9 da mañá, con saída entre as 15 e as 17 horas, cunha parada de media hora de descanso.Somos fans da flexibilidade e da conciliación, e sempre que o necesites poderás ir cos pequenos ao médico ou acudir a consultas sen ter que recuperar ese tempo. Onde traballarás?As nosas oficinas e punto de encontro están en Santiago de Compostela, pero poderás escoller acudir á oficina ou facer traballo en remoto. Ti elixes! Salario e beneficios sociais Segundo a experiencia demostrada e en base a convenio propio.Ademáis contamos con esta serie de beneficios sociais:
- Flexibilidade laboral e teletraballo voluntario· Elección libre de vacacións: coordínate co teu equipo e elíxeas cando ti queiras· Bolsa de formación subvencionada ao 100 %
- Seguro médico e dental privado ao facer 6 meses na empresa· Axudas para o pagamento de garderías e centros de coidado de maiores Máis sobre dinahostingEn dinahosting levamos desde 2001 dándolle aos nosos clientes todo o que precisan para garantir a súa presenza online. Desde os nosos inicios acompañamos a evolución de Internet sendo unha empresa innovadora, que aposta pola calidade técnica, o desenvolvemento de ferramentas propias e a mellor atención ao cliente.Estas foron as chaves do noso crecemento e o que nos converteu nunha compañía líder no sector que somos hoxe en día. Ofrecemos todo tipo de solucións para un proxecto online, desde plans de aloxamento de hosting compartido ata servidores de alto rendemento tanto virtuais como físicos e por suposto, os servizos de cloud máis avanzados. Tamén somos rexistradores de primeiro nivel para case todos os dominios do mercado e estamos acreditados pola ICANN.Somos partners de marcas tan recoñecidas como Microsoft, Dell, Intel, Cisco ou VMware. En xullo de 2021, Netcraft nomeounos a empresa de aloxamento web máis fiable a nivel mundial.O Soporte Técnico é o noso sinal de identidade e estamos sempre dispoñibles as 24 horas do día, os 365 días do ano. Temos a disposición dos nosos clientes diferentes ferramentas para que se poñan en contacto con nós: un chat, teléfono gratuíto e correo electrónico, sen contestadores, sen formalismos, sen esperas e en 5 idiomas: galego, castelán, catalán, inglés e portugués. Ao inscribirte nesta oferta de emprego das o teu consentimento explícito a Dinahosting SL para tratar os teus datos coa finalidade de que a túa candidatura participe no proceso de selección asociado. Os datos serán conservados durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recabaron. Non comunicamos os teus datos a terceiros. Podes revocar o teu consentimento, así como exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión e outros dereitos mediante comunicación escrita, dirixida ao noso departamento de Recursos Humanos, en Rúa das Salvadas, nº 41, Baixo-15705, Santiago de Compostela ou na dirección ******. Para máis información, consulta a nosa política de privacidade en .